Arte Románico en Arteixo

Arte Románico en Arteixo



Igrexa de San Tirso (Oseiro) Século XII
Construcción románica. Ten unha planta con unha soa nave cuberta de madeira, rematada en ábside rectangular. Na fachada hai unha porta coronada con arquivoltas que esta rodeada por unha cornisa sustentada por canecillos de orixe románico, a excepción do anexo situado a dereita que é de estilo barroco, rematado por un rosetón circundado por molduras e pequenos arcos circulares que permiten falar dun románico máis avanzado.



Santuario de Pastoriza
No ayuntamiento de Arteixo encóntrase o Santuario de Arteixo de orixe Románico pero actualmente é unha igrexa barroca, do século XVII. Destaca porque conserva unha imaxe de Virxe datada no século XIII. Sobre unha porta tapiada do muro norte consérvase un tímpano, que ó parecer é do século XIV, coa Virxe sentada co Neno e os restos dunha inscripción de lectura difícil.
Destaca porque na fachada do actual santuario estan as imaxes de San Pedro, San Paulo e a Asunción da Nosa Señora sobre a porta. Ademáis nún lugar un poco máis elevado están as imaxes de Santa Bárbara, San Xosé e San Xoán Bautista.



Igrexa de Santa Mariña (Lañas)
Iglesia de unha soa nave e ábside rectangular, pose duas portas románicas, unha nun lateral e outra na fachada frontal, esta última bastante curiosa pola decoración da base de elementos circulares, que lle proporcionan un aspecto particular en relación as otras portas existentes na zona.
Iglesia románica de finais do século XII ata principios do século XIII. A igrexa estivo cerrada, usándose só para os enterros, posto que o seu lado esta o cemiterio parroquial.




Igrexa de Santo Tomé (Monteagudo)
Construcción románica do século XII. É unha igrexa basilical fundada por monxes benedictinos que consta de tres naves e tres ábsides semicirculares, con cuberta de madeira e bóvedas de cascarón
No interior, as naves se dividen en tres tramos mediante pilares compostos de semicolumnas adosadas que sustentan os arcos apuntados. Éstos sustentanse en columnas con chapiteis de motivos vexetais estilizados que terminan en bola.Tamén aparecen algunas cabezas humanas primitivas.
Na ábside central se abren tres rúas con ventás baixo os arcos.
A porta principal foi renovada, pero na fachada ainda permanecen dous óculos.



Santa María (Loureda)
Iglexa inicialmente románica pero que sufriu posteriormente unha renovación mediante a cal se aprecia o estilo neoclásico na fachada con forma triangular. Agora só o ábside é románico. No interior conserva un maxestuoso retablo no altar maior do século XVIII, ainda que se encontra bastante deteriorado.




Igrexa de San Estevo (Morás)
A construcción de este templo sucedeu ano 1162. É unha igrexa con planta de nave única cun canecillo rectangular cuberto cunha bóveda de cañón apuntada sobre arcos apuntados. No exterior os empuxes contrarrestanse por contrafortes unidos por arcos de medio punto seguindo o modelo compostelan.
Nos canecillos sosteñen o alero con cabezas humanas e de animais, así como distintas composicións xeométricas.
A orixe románica de esta igrexa é apreciable no muro norte onde ainda podemos apreciar os contrafortes orixinais e as esculturas de formas zoomórficas. Tamén no muro sur permanecen os arcos cegados de épocas anteriores. Esta igrexa sufriu importantes modificacións no século XVIII, algunhas de elas tan desafortunadas como a sacristía anexa ao muro sur.




Igrexa de Santaia (Chamín). Século XII
Igrexa románica rural, con posteriores reconstruccioóns na fachada, que presenta arquivoltas e un tímpano con unha cruz.
A fábrica de pedra ben tallada, configura os muros de esta pequena igrexa. Non sucede o mesmo coa parte da fachada na que varía a súa estructura debido os distintos añadidos que sufriu co paso do tempo. Ademáis, na porta principal con arcos decorados que se sustentaban sobre un par de columnas rematadas en chapiteis, destaca a pequena ventá situada na cara posterior da ábside rectangular.




Igrexa de San Mariño (Suevos). Século XVIII
Igrexa románica. Ten unha sinxela fachada rematada nunha espadaña. A planta consta de unha soa nave con un ábside rectangular que curiosamente convive anexa a unha construcción particular de orixe recente.